|
|
 |
 |
 |
 |
 |

 |
 |
 |
 |
 |
 Jesús Nogueira Franco |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 Materias:
 Solfeo, Viento Metal, Banda de Música, Big Band |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Nace en Vilanova de Arousa no ano 1973. Á idade de 7 anos comeza a estudiar as primeiras notas de solfexo e trompeta da man do seu pai D. Jesús Nogueira Mouriño (director da Banda Cultural de Vilanova de Arousa). Anos máis tarde segue ampliando estudios con D. Fermín Feijoo Trabazo, director da Banda de Vilagarcía de Arousa e profesor no conservatorio de Santiago e con D. José Vicente Simeó, director da Banda de Música do Rosal e profesor do Conservatorio Superior de Vigo, co que remata a titulación de profesor de trompeta, coas máximas cualificacións.
Como trompetista realiza numerosos concertos coa Orquestra Sinfónica de Galicia, coa Banda Sinfónica coa que grava un CD de bandas para películas, coa Xove Orquestra de Galicia participando en ocasións como solista en colaboración co Orfeón Terra a Nosa en xiras pola comunidade galega, Sudamérica e Portugal. Tamén realiza a gravación dun CD do conto Pedro e o Lobo, e participa en concertos didácticos para nenos. Así coma tamén numerosos concertos coa Banda Municipal da Coruña e dende o ano 2001 o 2003 foi músico contratado coa plaza de fliscorno solista na Banda Municipal de Santiago de Compostela.
Participa en dúos de trompeta e piano, destacando os realizados no Casino Mercantil de Vigo e na Iglesia Parroquial de Santa Marta de Ortigueira no seu 150 Aniversario, coas obras de J.Hubeau e Aratunian. É membro fundador do Quinteto de Metais Santa Eulalia.
Como estudiante realizou numerosos cursos nos que destacan os realizados con D. Benjamín Moreno, trompeta solista da R.T.V.E. e con D. José M. Orti Soriano Catedrático do Conservatorio Superior de Madrid e solista da ONE.
Por outra banda realiza cursos de dirección con mestres da talla de Marcel van Bree, director da Banda de Lalín, Henry Adams, director da Banda de Buñol, Francisco Grau director da Banda de la Guardia Real, Johan de Meij prestigioso compositor e Jan Cober director de fama internacional.
Dirixiu a Banda Cultural de Vilanova de Arousa, Banda de Vilagarcía de Arousa, Banda Escuela de Música de Ortigueira,Municipal de Noia, Silleda, Lalín, Campo Lameiro, Castrelo e Antas de Ulla. Na actualidade é director da Banda de Música de Chantada e da Escola de Música e Danza da mesma localidade, así como tamén dirixe a Banda de Vilagarcía de Arousa. |
 |
 |
 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
9/3/2010 Presentación do curso 2010/2011 |
 |
 |
 |
 |
 |
A presentación do curso académico será o día 17 de setembro ás 19:00h na sala principal do Auditorio...
 leer más |
 |
 |
 |
 |
 |
9/3/2010 Presentación do curso 2010/2011 |
 |
 |
 |
 |
 |
A presentación do curso académico será o día 17 de setembro ás 19:00h na sala principal do Auditorio...
 leer más |
 |
 |
 |
 |
 |


|
 |
|