INICIO

NOTICIAS

ENSINANZA

INSTALACIÓNS

PROFESORES

ALUMNOS

BANDA DE MÚSICA

CONTACTO



A Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” é un servicio público educativo cuia titularidade é a Administración Local (Concello de Vilagarcía de Arousa). Como tal, non ten ningún ánimo de lucro, o cal nunca debe estar reñido coa optimización dos recursos e, como consecuencia, a profesionalidade na xestión do gasto público en función dunha serie de obxectivos prefixados.

Este tipo de ensinanza está dirixido a todas aquelas persoas, a partir dos 4 anos e sen límite de idade, que desexen unha formación musical. Tamén poden preparar para o aceso a ensinanzas regradas en conservatorios ou en centros autorizados (privados), cando a vocación e as aptitudes dos alumnos así o aconsellen.

As Escolas de Música teñen total autonomía pedagóxica e organizativa, polo que a súa oferta pode ser ampla e variada: desde a tradicional formación no eido da música que se coñece como “clásica” ata ámbitos máis innovadores, como pode ser o Folk, o Jazz, o Pop,...

Froito da implantación da LOXSE, en l.992, realizouse a reforma das ensinanzas musicais, pasando dun modelo basado exclusivamente na formación de profesionais e, polo tanto, a obtención de titulación, a un modelo de "educación musical para todos", no que tamén ten cabida a detección formación dos futuros profesionais.

Esta nova realidade educativa musical debe sustentarse en proxectos:
  • Que sexan pedagóxicamente atractivos
  • Que sexan musicalmente eficaces
  • Que sexan económicamente viables
15/4/2008
Nota informativa
Enviáronse ós seus domicilios unha circular referente á reserva de plaza para o curso 08-09. Por se ...
leer más
3/4/2008
Plan educativo
Os docentes da Escola de Música presentan o proxecto do novo plan educativo para o centro O equipo ...
leer más



Link de Interes: http://www.barcosyamarres.com, Compra y Venta de Barcos y Amarres
InicioNoticiasEnsinanzaInstalaciónsProfesoresAlumnosBanda de MusicaContacto
Escola Municipal de Música de Vilagarcia - Avda. Rosalía de Castro, 14 - 36600 Vilagarcía de Arousa - Tlf/Fax: 986 510 770