INICIO

NOTICIAS

ENSINANZA

INSTALACIÓNS

PROFESORES

ALUMNOS

BANDA DE MÚSICA

CONTACTO



Música e movemento

Trátase dunha actividade que está orientada para nenos con idades comprendidas entre os catro e oito anos, que ten como finalidade primordial descubrir e potenciar as capacidades expresivas, musicais e motrices dos nenos.

Práctica instrumental

Constitúe o eixe primordial nos obxectivos pedagóxicos da Escola. O alumno atopa no instrumento o medio para a súa satisfacción coa práctica instrumental, tanto individual como en grupo.

Formación musical complementaria

Enriquece a práctica instrumental con todas aquelas materias que, complementando o instrumento, axudan a unha mellor comprensión do fenómeno musical.

Actividades instrumentais e vocais de conxunto

Representa un dos obxectivos primordiais da Escola. A potenciación da práctica instrumental e vocal de conxunto constitúe o medio no que tanto o músico profesional como o afecionado poderán desenvolver a súa actividade musical a longo prazo.

Ademais de impartir todos os niveis de Linguaxe Musical, as especialidades instrumentais principales son:

       
  • Piano
  • Percusión
  • Guitarra clásica, acústica e eléctrica
  • Baixo eléctrico
  • Violín, Viola, Violoncello e Contrabaixo
  • Frauta Traveseira
  • Gaita Galega
  • Clarinete
  • Saxofón
  • Oboe
  • Trompeta
  • Trompa
  • Trombón
  • Tuba
  • Órgano clásico
  • Teclados
  • Acordeón



MUSICA MODERNA E JAZZ:

Ofertamos estas ensinanzas, basadas no aprendizaxe do ritmo moderno e a improvisación.

INFORMATICA MUSICAL:

Hoxe en día, o coñecemento da informática é fundamental. Por elo, impartimos edición de partituras, tratamento do son e programas secuenciadores.

ENSINANZA PARA ADULTOS:

Oferta de ensinanza ó adulto, cando menos, dous cursos obrigatorios de Linguaxe Musical e práctica instrumental desde o principio.

ENSINANZA REFORZADA:

Como cumprimiento do obxectivo de preparar ós alumnos que, polas súas especiais aptitudes e actitudes queren ser profesionais da música, debiendo, polo tanto, incorporarse a un Conservatorio de Grado Medio, plantexamos a ensinanza reforzada, como preparación adecuada para acceder a dita ensinanza.


 
12/5/2008
Cobro 3º trimestre
A partires do vindeiro día 16/05/08 pasaránse ó cobro os recibos correspondentes ó terceiro pago do ...
leer más
15/4/2008
Nota informativa
Enviáronse ós seus domicilios unha circular referente á reserva de plaza para o curso 08-09. Por se ...
leer más


InicioNoticiasEnsinanzaInstalaciónsProfesoresAlumnosBanda de MusicaContacto
Escola Municipal de Música de Vilagarcia - Avda. Rosalía de Castro, 14 - 36600 Vilagarcía de Arousa - Tlf/Fax: 986 510 770