14 septiembre 2012 ~ 0 Comments

Prazas dispoñibles,prazo de inscrición

A Escola de Música abre o prazo para cubrir as últimas prazas dispoñibles nas distintas especialidades
A Escola Municipal de Música Bernardo del Río abre a vindeira semana o prazo de inscrición para cubrir as prazas dispoñibles nas diferentes especialidades que se imparten no centro unha vez verificadas as matrículas realizadas para o curso 2012/13. A oferta de vacantes inclúe os dous primeiros cursos de Música e Movemento, as familias de Cento Madeira e Vento metal, e tamén queda algunha praza en piano, frauta traveseira e viola. Os dous últimos cursos de Música e Movemento, así como as especialidades instrumentais de guitarra e percusión están completas.
13. 09. 2012.- Os interesados en cursar algunha das materias ofertadas deben dirixirse ás oficinas da Escola, no Ramal, para tramitar a matrícula. Poderán facelo o mércores 19, o xoves 20 e o venres 21 de setembro en horario de tarde (de 18:00 a 20:00 horas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A Escola Municipal de Música Bernardo del Río ofertou para o curso que está a piques de comezar un total de 404 prazas, das que 355 cubríronse no primeiro prazo de matriculación.
As vacantes no ciclo de Música e Movemento limítanse aos dous primeiros cursos, onde aínda se poden matricular 11 nenos no grupo de 4 anos e 9 no de 5.

No que a instrumentos se refire, as especialidades de guitarra e percusión xa se atopan completas. A dispoñibilidade de prazas céntrase pois en piano (4), frauta traveseira (3), viola (2). Na familia de Vento Metal quedan 6 prazas sen cubrir (1 de trompeta, 2 de trompa e 3 de trombón), mentres que na de Vento Madeira disponse de 10 (6 de clarinete, 2 de saxofón alto e 2 de saxofón tenor).

Por outro lado, informar de que as obras de mellora e acondicionamento da Escola de Música están a piques de rematar polo que o curso comezará de xeito inminente. A data concreta anunciarase nos vindeiros días a través dos medios de comunicación, das páxinas webs do Concello ( http://www.vilagarcia.es ) e a Escola de Música ( http://www.emmusicavilagarcia.com ) e tamén a través da conta de facebook que ven de abrir o centro musical baixo o nome “Escuela Municipal Bernardo del Río”, onde a comunidade escolar e quen o desexe poderá consultar todas as novidades e noticias do centro.

Comments are closed.