01 septiembre 2016 ~ 0 Comments

Entrega de Horarios, 9 de setembro

SISTEMA PARA ESCOLLER HORARIO DE INSTRUMENTO

1.-  Os horarios de Linguaxe Musical poderán consultalos na nosa páxina web ou no taboleiro de anuncios da Escola de Música a partir do día 7 de setembro, en horario de  10:00 a 13:30h.

2.- Para escoller o horario de instrumento, o venres 9 de setembro deberán coller un número na porta principal da Escola de Música a partir das 10:00h.

3.- Os horarios cos mestres deberán escollelos ese mesmo venres 9 de setembro a partir das 16:00h. por rigoroso orden do número collido na porta principal.

4.- Dende a secretaria da escola de música irán chamando por orden para acceder co mestre correspondente.

Moitas Grazas

Comments are closed.