27 noviembre 2016 ~ 0 Comments

«Concerto Extraordinario»

  • O vindeiro mércores 30 de novembro, ás 18:30h. na Sala de Concertos da Escola de Música, teremos o pracer de escoitar un fantástico concerto a cargo da violinista Valeria Martínez Malec, acompañada ao piano  por  Íria MªCaamaño Domínguez, profesora da Escola  de Música.

    Valeria Martínez Malec naceu en A Coruña no ano 2003, comenzou os estudios de violín aos 5 anos coa súa nai Dominika Malec Andruszkiewicz, profesora e instrumentista da Orquesta Sinfónica de Galicia. Con 9 anos  entrou a formar parte da Orquesta de Nenos da Orquesta Sinfónica de Galicia, tocando na actualidade no grupo dos máis avanzados. Tamén actuou como solista no ciclo de concertos «Son Futuro  «.

    Ten recibido clases de grandes solistas como Ilia Kaler (USA) ou María Bryla (Polonia). Estivo matriculada dende 2010 ao 2015 no Conservatorio Profesional de Culleredo, A Coruña, e dende o ano 2015 é alumna de Lilia Chirilov – profesora e violinista da OSG.

    Programa:
    – Chaconne, T. Vitali
    – Romanza Andaluza, Pablo de Sarasate
    – «Adelaide» concerto, 1 movimiento, W.A.Mozart
    – Tarantella, Vieuxtemps
  • Comments are closed.