04 abril 2018 ~ 0 Comments

Xira de Concertos Didácticos

A música é un descubrimento case máxico para os nenos de corta idade. O neno que vive en contacto coa música aprende a convivir de mellor xeito con outros nenos, establecendo unha comunicación máis harmoniosa.

“A MÚSICA, 7 NOTAS MÁXICAS”

É un Concerto Didáctico realizado polo/as profesores/as da Escola Municipal de Música que está dirixido ao alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria, cunha duración aproximada de 50 minutos.

Farase un percorrido a través de diferentes estilos musicais (clásico, jazz, popular,etc.) que ten como fundamento principal o achegamento dos nenos e nenas á música, xa que representa un papel moi importante no desenvolvemento integral.

O Concerto Didáctico “ A música, 7 notas máxicas” nace con fin de fomentar o descubrimento e goce da música, dos instrumentos e do ritmo. O formato do concerto é totalmente interactivo: tal vez teñan que cantar, que dirixir unha orquestra, facer percusión corporal.. de súpeto pode soar “A primavera” de Vivaldi como a “Pantera rosa” de Henri Mancini.ou a «Serenata Nocturna » de Mozart, todo un misterio!.

Comments are closed.