18 junio 2020 ~ 0 Comments

Un mundo ideal – Combo de profesores

Chega o momento dos agradecementos, en primeiro lugar, ás familias que nos permitistes entrar nos vosos fogares para seguir en contacto cos vosos fillos e por motivalos durante o confinamento.👏👏👏👏🙂
Doutra banda, aos alumnos pola súa paciencia e o respecto mostrado cara ao profesorado, esforzándose en realizar as tarefas. ✌️😉🎼🎶🥁🎷🎺🎸🎻🎹

Fixemos este vídeo para todos vos durante o confinamento, forma parte do repertorio que estabamos preparando para os concertos didácticos «Un mundo ideal» suspendidos pola pandemia. Esperamos que vos guste.
Arranxo musical, edición vídeo: Jorge Ortal.
MOITAS GRAZAS

 

Comments are closed.