29 diciembre 2021 ~ 0 Comments

Presentación Clasclas Festival Concello de Vilagarcía

A V edición do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o ✨Clasclas Festival✨ foi presentada esta mañá baixo o lema «molto vivace!».
📌 O festival se desenvolverá entre os días 27 de xuño e 2 de xullo de 2022, novamente baixo a dirección artística do prestixioso ✨Guarneri Trio Prague✨
🎼 Nesta ocasión o festival distribuirá a súa actividade en 4 programas: Un programa artístico basado en agrupacións xa formadas, un programa de Masterclasses, un Programa Social e Comunitario e un Programa a «Pé de Rúa» no que agrupacións do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música actuarán en prazas e rúas da cidade.
➡ Á presentación asistiron o alcalde, Alberto Varela, o concelleiro de Educación Argimiro Serén, a directora técnica do #clasclás e do Conservatorio, Rosina Sobrido; o representante da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, José Luis Sanz e o director da Escola Municipal de Música, Alberto Estévez.
 

Comments are closed.