26 abril 2022 ~ 0 Comments

Matriculación curso 2022/2023

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE  DE ADMISIÓN

-Do 2 ao 6 de maio: Os impresos de solicitude de praza
poderanse descargar da páxina web www.emmusicavilagarcia.com, así como da sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, sede.vilagarcia.gal (formularios de solicitude 13001). Na medida do posible, recomendase realizar a presentación  das solicitudes vía telemática no seguinte correo: escolamusica@vilagarcia.gal.

Para os interesados que non dispoñan de medios telemáticos, poderán achegar a documentación na secretaría da Escola de Música de 10:00 a 13:30h.

– No caso de haber máis solicitudes que vacantes, a prioridade será a seguinte:

  1. Solicitantes con familiares directos matriculados no centro (irmáns, nai ou pai)
  2. Empadroados en Vilagarcía de Arousa
  3. A letra de corte para os apelidos, establecida anualmente pola Xunta de Galicia segundo a Orde do 12 de marzo de 2013, DOGA 15 marzo pola que se regula a admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2022/2023 na resolución do 23 de febreiro corresponden as letras “V” e “U” (para o primeiro apelido), e “A” e “Z” (para o segundo apelido).

– Poderase solicitar praza para as seguintes materias:
Alumnado nado en: Grupo correspondente:
2019 – Iniciación á Musica 

2018 – Música e Movemento 4 anos
2017 – Música e Movemento 5 anos
2016 – Música e Movemento 6 anos
2015 – Música e Movemento 7 anos

Os interesados a partir de 8 anos e sen limite de idade, teñen a opción de solicitar praza nas seguintes especialidades instrumentais:

-Instrumentos de corda: piano, guitarra (clásica e eléctrica), baixo eléctrico, violín, viola, violoncello e contrabaixo.

-Instrumentos de vento-madeira: saxofón, clarinete e frauta traveseira
-Instrumentos de vento-metal: trompeta, trompa, trombón e bombardino (tuba)
-Instrumentos de percusión: batería, timbais, láminas e multipercusión

Comments are closed.