13 marzo 2012 ~ 0 Comments

Concurso do cartel anunciador

CONCURSO DO CARTEL ANUNCIADOR

Con motivo do novo proxecto musical de “O Gato con Botas”, a Escola de Música Municipal quere facer a tod@s @s membr@s da comunidade educativa partícipes deste novo proxecto, facendo o

CONCURSO DO CARTEL ANUNCIADOR.

Bases:

  • Serán válidos os carteis feitos en folios DIN A4 (tamaño normal)
  • Poderán facelo @s alumn@s entre 4 e 12 anos de idade
  • O deseño deberá incluír motivos musicais.
  • Deberán ser entregados como data máxima o venres 30 de marzo, na secretaría do centro.

O gañador deste cartel aparecera en toda a cartelería que se faga con relación a todo o que teña que ver con este conto musicado, musical e concertos didácticos.

Grazas a todos pola vosa participación

Comments are closed.