17 marzo 2016 ~ 0 Comments

Concerto Clausura do 2º Trimestre

Concerto Clausura do 2º Trimestre

A Escola Municipal de Música ten organizado para este venres 18 de marzo o concerto de clausura do 2º trimestre, esta vez dedicado a figura de Antonio Vivaldi, como maestro do Barroco, e tamén á Música Tradicional, no apartado máis moderno.
O concerto estará centrado nestas dúas vertentes, por unha banda a música clásica do compositor Antonio Vivaldi, onde non faltarán fragmentos de “As catro estaciones” e por outro tamén haberá oportunidade de escoitar música máis tradicional, con temas de grupos tan coñecidos por exemplo “Luar na Lubre”.
O concerto terá lugar na Sala de Concertos da Escola de Música ás 19:30h. con entrada libre e de balde.
Tamén informamos que os alumnos e alumnas do centro fixeron traballos para maior coñecemento tanto de Vivaldi, como da Música Tradicional , os cales están expostos no corredor central do centro, onde os pais e familiares poderán velos.

Comments are closed.