04 septiembre 2017 ~ 0 Comments

Prazo extraordinario de matrícula

A Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” de Vilagarcía abre esta semana o prazo extraordinario de matrícula para completar 25 prazas vacantes para o próximo curso 2017/18. Os interesados deberán formalizar a inscrición na Secretaría do centro, o xoves, 7 de setembro en horario de 10:00 a 13:30 horas ou o venres 8, de 10:00 a 13.30 e de 16:30 a 20:30 horas.

Unha vez pechado o prazo ordinario de matrícula no mes de xuño, quedaron as 25 prazas vacantes que agor4a se ofertan e que se distribúen en varias especialidades: Música e Movemento 4 anos (5 prazas), Música e Movemento 6 anos e Piano (5 prazas), Vento Madeira (4 prazas) e Vento Metal (2 prazas), Corda (2 prazas), Frauta (2 prazas), Percusión (1 praza) e Linguaxe Musical Adultos (4 prazas). As materias instrumentais son só para nenos e nenas de máis de oito anos.

A documentación a presentar para realizar a matrícula é a seguinte: documento que acredite o número de conta bancaria (IBAN) e o DNI do titular da conta.

Comments are closed.