07 septiembre 2020 ~ 0 Comments

Comezo do curso 2020/2021

Xa estamos de volta, comezamos un novo curso cheos de ilusión pero tamén con moita responsabilidade. As circunstancias actuais obrigan a preparar ao detalle o comezo do curso, no caso da Escola Municipal de Música, implementando todas as medidas necesarias para converter nosas instalacións nun lugar seguro para os nosos alumnos e profesores.

Comezaremos as clases presenciais o luns 21 de setembro. A semana anterior será para presentación as familias do protocolo con todas as medidas de adaptación ao Covid-19: uso de mascara, limpeza e desinfección, distancia entre alumnos, entrada e saída do centro, ratio reducido de alumnos por clase.

Estaremos na secretaría de luns a venres en horario de mañá de 10:00 a 13:30h. para atender calquera consulta ou información que precisedes.

Moitas grazas

Comments are closed.