Últimos días para solicitar praza
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN
–Do 29 de abril ao 9 de maio: Os impresos de solicitude de praza
poderanse descargar da páxina web www.emmusicavilagarcia.com, así como da sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, sede.vilagarcia.gal (formularios de solicitude 13001). Na medida do posible, recomendase realizar a presentación das solicitudes vía telemática no seguinte correo: escolamusica@vilagarcia.gal.
Para os interesados que non dispoñan de medios telemáticos, poderán achegar a documentación na secretaría da Escola de Música de 10:00 a 13:30h.
Grupo correspondente | Ano nacemento |
Iniciación á Musica | 2022 |
Música e Movemento 4 anos | 2021 |
Música e Movemento 5 anos | 2020 |
Música e Movemento 6 anos | 2019 |
Música e Movemento 7 anos | 2018 |
Os interesados de 8 anos en diante, teñen a opción de solicitar praza nas seguintes especialidades:
-Instrumentos de corda: piano, guitarra (clásica e eléctrica), baixo eléctrico, violín, viola, violoncello e contrabaixo.
-Instrumentos de vento-madeira: saxofón, clarinete e frauta traveseira
-Instrumentos de vento-metal: trompeta, trompa, trombón e bombardino (tuba)
-Instrumentos de percusión: batería, timbais, láminas e multipercusión.
-Linguaxe musical adultos e agrupacións instrumentais (banda infantil,ensamble mixto, Sinfonietta, etc.)
-Combo moderno, Conxunto de piano, Informática musical, Análise e acompañamento.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ALUMNADO DE NOVO INGRESO
– 21 de maio: publicación da listaxe de alumnos/as admitidos/as, no taboleiro de anuncios do centro ou na páxina web www.emmusicavilagarcia.com
– 26 ao 30 de maio: matrícula na secretaría da Escola de Música, do alumnado que obtivo praza.