Recibos 3º pago
A partir do luns 2 de febreiro pásanse ao cobro os recibos correspondentes ao 3º e último pago deste curso 2014/2015. Grazas
A partir do luns 2 de febreiro pásanse ao cobro os recibos correspondentes ao 3º e último pago deste curso 2014/2015. Grazas
Listado dos alimentos recollidos na «Campaña de recollida de alimentos 2014» que foron entregados á Fundación Amigos de Galicia o 19 de decembro. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.
Aquí podes consultar as actividades do 2º trimestre na Escola de Música. Nos concertos e audiciós a entrada sempre é libre e de balde.
Entrega dos boletíns de notas do 1ºtrimestre O vindeiro venres 19 de decembro os alumnos poderán recoller os boletíns de notas na clase do seu mestre titor desde as 4 ata as 7 da tarde.
Hoxe, Xoves 11 de decembro, temos o «Concerto de Nadal» ás 19.30h no Auditorio Municipal. Interveñen alumnos de todas as idades e interpretarán un repertorio moi variado e divertido. Entrada libre e de balde.
Onte á tarde realizouse un simulacro de incendio no que participaron un total de 15 membros do Servizo de Urxencias (Protección Civil, Bombeiros, Ambulancia)e todo o profesorado da Escola de Música coordinados polo director do centro para por en práctica o Plan de Evacuación. Agradecemos novamente ao equipo de Protección Civil o habernos dado as … Leer más
Esta semana tivemos unha charla sobre a seguridade no centro na que se nos deron as nocións básicas para saber como actuar nalgúns casos de urxencia. Agradecemos a Busto e Daniel Agrelo a súa implicación,porque se pasaron a mañá connosco para explicarnos as diferentes circunstancias que se poden presentar e como intentar remedialas (esperemos non … Leer más
Dende a Escola Municipal de Música queremos colaborar nestas datas que se achegan aos máis necesitados do noso pobo. Do 1 ao 18 de decembro disporemos dunha gran caixa na entrada principal para depositar os alimentos (azucre,cacao,galletas e aceite). Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
Actuación musical a cargo de dous alumnos da Escola Municipal de Música, Mariña González (Frauta) e Alberto Lago (piano). A lectura do manifesto, elaborado polo Consello Local dá Muller, acompañado pola interpretación da Danza Escocesa de Beethoven. Preme para mirar o video no seguinte enlace http://bcove.me/tr2eyy9u
Ensaios Banda Xuvenil para o «Concerto de Nadal»