Solicitudes de novo ingreso
Datas para presentar a solicitude de novo ingreso. O impreso pódese descargar neste misma páxina na web no «Taboleiro de Descarga»
Datas para presentar a solicitude de novo ingreso. O impreso pódese descargar neste misma páxina na web no «Taboleiro de Descarga»
Existen momentos nos que un se para e dáse conta de onde vive e con quen vive. Isto é o que me ocorreu onte pola tarde (Domingo 27 ás 18:00) no Auditorio de Vilagarcía mentres desfrutaba co musical O Rei León interpretado magnificamente pola Escola de Música “Coda” que dirixen dúas rapazas “normales”: Chus e … Leer más
Hoxe venres non haberá clase na Escola de Música (agás iniciación a música 3 anos dos grupos de 16:30 e 17:30) xa que os mestres realizarán un concerto didáctico no «Centro Comercial Arousa». O concerto consistirá na interpretación do conto musicado «O gato con botas» con motivo da celebración do «Día do libro». Invitamos a … Leer más
Hoxe ás 19:30h. os alumn@s da Escola Municipal de Música de Vilagarcía renderán homenaxe ao recentemente falecido D.Fernando Argenta, gran divulgador que introduciu,dun xeito espontáneo e apaixonado. a música clásica nos nosos fogares. Entrada libre ata completar aforo.
Entrega dos boletíns de notas do 2ºtrimestre Do día 24 ao 28 de marzo os alumnos poderán recoller os boletíns de notas na hora de clase co seu mestre titor.
Dende o claustro de Mestres da Escola Municipal de Música, queremos agradecer o bo facer e o gran traballo realizado por parte dos alumn@s participantes no Concerto de Agrupacións adicado ó “Día do Pai” que tivo lugar onte mércores no Auditorio Municipal, e onde ó redor de 300 persoas puideron gozar dun gran concerto, que … Leer más
Os alumnos de Música e Movemento protagonizarán hoxe xoves e mañá venres dúas actuacións nas que porán de manifesto o traballo realizado no que vai de curso para coñecer e familiarizarse co folclore de diferentes países. Os espectáculos comezarán ás 19:30 horas. na sala de concertos da escola de música. Estades todos invitados
Horario das audición do 2º trimestre. O resto da tarde haberá clase con normalidade.