Prazas dispoñibles,prazo de inscrición

A Escola de Música abre o prazo para cubrir as últimas prazas dispoñibles nas distintas especialidades A Escola Municipal de Música Bernardo del Río abre a vindeira semana o prazo de inscrición para cubrir as prazas dispoñibles nas diferentes especialidades que se imparten no centro unha vez verificadas as matrículas realizadas para o curso 2012/13. … Leer más

Comezo das clases

Estamos ilusionados de como están quedando as obras, nos vindeiros días comezaremos co traslado do mobiliario e o  material didáctico. Contamos de comezar a actividade a primeiros de outubro. Estaredes informados a través da páxina web e do facebook da Escola. Grazas e desculpade as molestias.

Secretaría da Escola de Música

A secretaría de Escola de Música estará situada de xeito provisional (mentres rematan as obras na Escola) na planta baixa do Auditorio Municipal. Horario de verán: 10:00 a 13:30h. No caso de non poder ser atendido na secretaría da Escola de Música, pode acudir ao rexistro xeral do concello para realizar calquera trámite (solicitude,baixa,etc.) Desculpen as … Leer más

Horarios de Linguaxe Musical

Horarios de Linguaxe Musical, por orde alfabética . Descargar A entrega dos horarios será  hoxe mércores 27 de xuño, de 16:00 a 20:00h. Os horarios de instrumento estableceranse por rigorosa orde de chegada. A secretaría estará situada de xeito provisional (mentres rematan as obras na Escola) na planta baixa do Auditorio Municipal.