19 febrero 2013 ~ 0 Comments

Correo electrónico co teu mestre titor.

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía de Arousa, no seu afán de mellorar e darlle máis importancia ás novas tecnoloxías, decide por en marcha unha nova iniciativa para manter maior contacto cos pais/nais/titores dos nos@s alumn@s. Para tal fin, dende a escola creamos unhas direccións de correo electrónico para que os mestres poidan informar ós pais/nais/titores do avance dos seus nen@s, así coma tamén que poidan ditos pais/nais/titores poñerse en contacto co mestre para pedir información sobre o seu nen@. Tamén a través deste correo electrónico, poderán xustificar as faltas de asistencia, así como todo o que consideren importante informar.

Con todo, pedímoslles que nos faciliten unha dirección de correo electrónico para poder levar a cabo dita iniciativa ao seu mestre titor.

Os mestres entregarán a todos alumnos un impreso donde figuran as direccións do correo electrónico de todo o profesorado. Neste mesmo impreso os pais/nais/titores poderán escribir o seu correo electrónico de contacto.

Grazas a todos

Comments are closed.