Proxecto educativo

Proxecto Educativo 2010 (Descargar)

Plans de Estudo 2010 (Descargar)

Diferentes Plans de Estudo na Escola de Música Municipal

Como Escola de Música, a primeira norma para todos os mestres e dar unha ensinanza de música de calidade, pero dentro da ensinanza musical, hai duas opcións que dende a Escola de Música sempre se tiveron en conta, pero que dende este ano se plasma nas diferentes programacións didácticas instrumentais que están a disposición de alumn@s e pais na secretaría do centro, e moi pronto estarán colgadas na nosa páxina web:www.emmusicavilagarcia.com

Esas duas vertentes que dende a Escola de Música, hoxe presentamos aquí, estan enfocadas para as dúas opcións de formación que os alumn@s da nosa escola poden escoller:

  • 1ª opción, Plan de Formación de Orientación Profesional
  • 2ª opción, Plan de Formación Xeral

O Plan de Formación de Orientación Profesional, será o que dende a Escola fomentaremos, e é o Plan que seguirán todos os mestres, a non ser que o alumn@, pai, nai ou titor desexe recibir o Plan de Formación Xeral.

Diferencias:

O Plan de Formación de Orientación Profesional, será un Plan de Estudos máis riguroso, con uns obxectivos e uns contidos ben delimitados, e onde o alumno deberá ter realizado e superado os mínimos esixibles que están nas diferentes programacións intrumentais, para poder superar as avaliacións trimestrais e así poder aprobar o curso. Este Plan de Estudos require un maior esforzo por parte do alumno, con estudio constante e riguroso.

Este Plan de Estudos está planificado para aqueles alumnos que desexen continuar a súa formación musical en Centros Profesionais de Música (Conservatorios), ou Escolas de Altos Estudos Musicais; e tamén para aqueles alumnos que sen ter a intención de continuar cos estudios musicais noutros centros, poidan recibir a formación musical o máis completa posible.

Os alumnos que comencen o curso no Plan de Formación de Orientación Profesional, e durante o mesmo desexen cambiar, polo motivo que fose, ó Plan de Formación Xeral, teranse que dirixir o seu mestre correspondente e facerllo saber.

As calificacións neste Plan de Estudios serán as habituais (suspendo, aprobado, ben…)

O Plan de Formación Xeral, é un Plan de Estudos máis flexible, onde cada mestre tamén ten uns obxectivos e contidos establecidos, pero será en maior medida o alumno o que co seu estudo e a súa dedicación, marque as pautas a seguir. O repertorio será máis libre, pero sempre cos mínimos que o mestre marque para levar unha evolución musical constante. Este repertorio poderá constar de Bandas Sonoras de Películas, temas Disney, temas populares, etc…

Este Plan de Estudos está enfocado para aqueles alumnos que teñen na ensinaza musical un mero hobbie, e asisten a clases de música polo mero placer de facer música, polo gusto de ter un contacto co instrumento, pero que non teñen como obxectivo primordial recibir unha formación musical estricta e tan clásica como a da orientación profesional.

As calificacións neste Plan de Estudos será de “Apto” ou “Non apto”.

Estes dous Plans de Estudos só afecta á formación instrumental, xa que na asignatura de Linguaxe Musical, todos os alumnos terán o mesmo Plan de Formación, xa que as necesidade teóricas e de lectura serán as mesmas para calquera dos dous Plans de Estudos.

Se unha vez comenzado o curso, algún alumno desexa cambiar de Plan de Formación, hai que comunicarllo o mestre correspondente.

Ante calqueira dúbida, estaremos na Escola de Música para atendelos.

Acceso a todo o Proxecto Educativo na Secretaría do centro, ou ben na páxina web: www.emmusicavilagarcia.com