05 septiembre 2023 ~ 0 Comments

Matrícula prazas vacantes curso 23-24

A Escola Municipal de Música abre un prazo extraordinario de matrícula en varias especialidades
A Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” abre un prazo extraordinario de inscrición para cubrir as vacantes para o próximo curso escolar 2023/24 en varias especialidades, tanto instrumentais como non instrumentais. A matrícula deberá formalizarse na secretaría do centro o venres 8 de setembro, de 10:00 a 13:30h e de 16:30 a 20:00h. Tamén se pode remitir a documentación ao correo electrónico escolamusica@vilagarcia.gal .

As especialidades nas que aínda quedan prazas libres son as seguintes: Música e Movemento (grupos de 4 a 7 anos), Vento Madeira (saxofón, clarinete e frauta traveseira), Vento Metal (trompeta, trombón, etc…), Linguaxe Musical de adultos e Agrupacións.

O impreso de matrícula está dispoñible no taboleiro de descargas da web http://www.emmusicavilagarcia.com . Xunto con este formulario debidamente cuberto, os interesados deberán presentar o documento que acredite o número de conta bancaria (IBAN) e o DNI do titular de dita conta, a obxecto de domiciliar os recibos.

As clases comezarán o vindeiro luns 18 de setembro

Fonte: Web Concello

Comments are closed.