15 mayo 2017 ~ 0 Comments

Xornada de Portas Abertas 2017

Benvida:

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía foi un dos centros pioneiros do ensino musical na bisbarra do Salnés, durante os máis de 25 anos de historia que acumula son incontables os alumno/as que se formaron nas súas aulas, moitos dos cales aproveitaron a súa formación para dedicarse profesionalmente á música, e mesmo, na actualidade, imparten clase na mesma.

Un dos principais atractivos da nosa escola é o amplo abano de especialidades instrumentais que ofrecemos ó alumnado, comezando aos 8 anos e sen limite de idade. As especialidades instrumentais que se imparten son as seguintes:

  • Instrumentos de corda: Piano, guitarra (clásica/eléctrica), baixo eléctrico, violín, viola, chello e contrabaixo.
  • Instrumentos de vento-madeira: Saxofón, clarinete e frauta.
  • Instrumentos de vento-metal: Trompeta, trompa, trombón e tuba.
  • Instrumentos de percusión: Batería, timbais, láminas e multipercusión.

As agrupacións instrumentais son a base fundamental do noso proxecto educativo, entre elas podemos destacar as seguintes: Grupo de Corda Fretada, Ensamble de Guitarras, Grupo de Vento-Madeira, Ensamble de Frautas, Ensamble Mixto, Grupo de Percusión, Combo Moderno e Banda de Rock (pais/nais). Tamén contamos con dúas formacións bandístiscas, como son a Banda Infantil e a Banda Xuvenil.

Comments are closed.