08 febrero 2018 ~ 0 Comments

Concerto Didáctico (20/02/2018)

Concerto Didáctico organizado pola AnpAtril Vilagarcia no que teremos a oportunidade de gozar coa música destes grandes mestres arxentinos que están de xira por Galicia.

O concerto está enmarcado dentro das actividades que realizamos conxuntamente co Conservatorio de Música de Vilagarcía e, polo tanto, teremos como convidados a unha representación do seu alumnado de grao elemental, acompañado polos seus mestres.

Unha vez rematado o concerto haberá unha masterclass na que os mestres Pablo Quiñones (trompeta) e Mariano Fernández (piano) nos falaran da súa experiencia no eido da música contemporánea e o jazz.

Os interesados en participar na masterclass podedes apuntarvos nas oficinas de ambos os dous centros, Escola de Música e Conservatorio, ata o día 19 de febreiro.

Grazas, unha vez máis, a AnAtril pola súa contribución ao desenvolvemento desta e outras actividades que redundan de cheo en beneficio do alumnado dos centros de ensino musical de Vilagarcía.

Comments are closed.