06 septiembre 2013 ~ 0 Comments

Comeza o curso 2013/14

A Escola de Música abre un prazo para cubrir 30 prazas dispoñibles para o curso 2013/14
A Escola Municipal de Música Bernardo del Río ultima estes día so inicio do novo curso escolar 2013/14 que está a piques de comezar. Tras o peche do período de matriculación, a dirección do centro abre un novo prazo par acubrir as vacantes que quedaron tanto no que se refire á materia de Música e Movemento como a diferentes especialidades instrumentais. As persoas interesadas deberán tramitar a matrícula na secretaría do centro do 9 ao 11 de setembro.
04. 09. 2013.- O número total de prazas vacantes ascende a 30 das cales 16 corresponden á materia introdutoria de Música e Movemento, para cativos de 4 anos de idade. En concreto disponse de 6 prazas para nenos de 3 anos, 5 para alumnos de 6 anos e outras 5 vacantes para nenos de 7 anos. As outras 14 prazas distribúense entre cinco especialidades instrumentais diferentes, polo que os interesados aínda dispoñen dun abano de posibilidades para elixir. O maior número de vacantes enmárcanse na especialidade de vento madeira, na que aínda poderán matricularse 5 alumnos; mentres que na de vento metal poderán facelo 4 máis. Na especialidade de piano terán cabida 2 alumnos máis, igual que na de corda, mentres que en frauta queda unha vacante.

Os interesados en cubrir algunha destas vacantes teñen que formalizar a súa matrícula, para o cal deberán dirixirse ás oficinas da Escola Bernardo del Río os días 9, 10 e 11 de setembro de 10 a 13 horas ou, en horario de tarde, o martes 10 de 17 a 20 horas.

Presentacións e inicio de curso

A presentación dos alumnos de 3 e 4 anos  terá lugar o día 19 de setembro na»Sala de concertos» da escola de música ás 1900h. O día 20 farano os educandos de 5, 6 e 7 anos, tamén ás 19:00h. A totalidade do alumnado iniciará as clases oficialmente o luns, 23 de setembro xa cos seus horarios establecidos.

Comments are closed.