20 marzo 2014 ~ 0 Comments

«Concerto do Día do Pai»

Dende o claustro de Mestres da Escola Municipal de Música, queremos agradecer  o bo facer e o gran traballo realizado por parte dos alumn@s participantes no Concerto de Agrupacións adicado ó “Día do Pai” que tivo lugar onte mércores no Auditorio Municipal, e onde ó redor de 300 persoas puideron gozar dun gran concerto, que ningunha repercusión (nin divulgación) tivo nos medios informativos locais.

O concerto tivo 3 partes: na primeira participaron as Bandas Infantil e Xuvenil; na segunda, as agrupacións menos numerosas (Grupo de Percusión, Grupos de Guitarras e Grupo de Corda); e para rematar, subiron ao escenario o Combo Moderno da Escola de Música Municipal de Vilagarcía de Arousa, e o Combo Moderno da Escola de Música Vilanova de Arousa que por primeira vez foron invitados como parte do intercambio cultural entre os dous concellos arousáns. Agradecemos a súa presenza e agardamos que sexa a primeira de moitas colaboracións conxuntas.

Aproveitamos a ocasión para informar do Concerto adicado á figura de D. Fernando Argenta, que terá lugar o vindeiro venres 28 de Marzo, ás 19:30h na Sala de Concertos da Escola de Música, entrada libre ata completar aforo.

Comments are closed.