17 agosto 2015 ~ 0 Comments

Novo equipo directivo na Escola de Música

27.07.2015.- O profesor José Alberto Estévez Rodríguez será o novo director da Escola Municipal de Música “Bernardo del Río”. O nomeamento foi aprobado pola Xunta Local de Goberno como consecuencia da dimisión presentada por Jesús Nogueira, que dirixiu o centro de ensino municipal nos últimos anos tras a xubilación de Alfonso Galbán. O equipo directivo da Escola complétase co Xefe de Estudios, cargo que continuará recaendo en Víctor Costa.

Ligazón páxina web do Concello

Comments are closed.