02 diciembre 2015 ~ 0 Comments

Actividades do mes de decembro

A Escola de Música comeza coas audicións abertas un mes cheo de actividades
Despois do fabuloso concerto en homenaxe a Santa Icía celebrado na pasada semana na Sala de Concertos, a Escola de Música de Vilagarcía continúa coas actividades relativa á primeira fase do curso. Será un mes moi intenso, comezando por esta mesma semana, cando se desenvolverán as audicións trimestrais do alumnado e seguirá o Concerto de Nadal e outras actuacións musicais nas que actuarán todos os educandos do centro bernardo del Río.
30.11.2015.- Hoxe mesmo, 30 de novembro e ata ao 4 de decembro comezan as audicións onde os alumnos terán a oportunidade de amosar os seus avances no instrumento. Celebraranse nas dependencias da escola. Na seguinte semana, o xoves día 10, será o día elixido para o tradicional “Concerto de Nadal”, no que este ano haberá varias sorpresas. Será no Auditorio Municipal as 19:30h con entrada libre.

O xoves 17 de decembro terá lugar o “Concerto de Frautas Doces”, no que participan os alumnos de Música e Movemento de 6 anos. O seguinte día, venres 18 de decembro, serán os alumnos de Musica e Movemento de 7 anos os que nos farán gozar no seu “Concerto de Frautas Doces”. Ambos concertos serán na Sala de Concertos da Escola de Música as 19:30h. con entrada libre.

Comments are closed.