27 enero 2021 ~ 0 Comments

Novas medidas COVID19

O Conservatorio e a Escola de Música pasan a impartir as clases de forma telemática ata o 17 de febreiro
O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía e a Escola Municipal “Bernardo del Río” suspenden a partir de hoxe as clases presenciais como consecuencia das novas restricións aplicadas pola Xunta de Galicia para as vindeiras tres semanas. As clases seguirán impartíndose en ámbolos dous centros de forma telemática ata o 17 de febreiro, día no que remataría o período vacacional de Entroido.

No caso da Escola Municipal de Música “Bernardo del Río”, os 364 alumnos cos que conta o centro serán contactados por parte dos seus respectivos mestres para adecuar os horarios das sesións ás necesidades e horarios das familias, dado que moitos son nenos e nenas de corta idade que poden precisar axuda de adultos para as conexións. O sistema será similar ao utilizado durante o confinamento do ano pasado, dando as maiores facilidades ao alumnado para continuar coa súa formación.

Máis información na web do concello http://vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=11553

 

Comments are closed.