29 abril 2022 ~ 0 Comments

Concerto didáctico «Un mundo marabilloso»

📣A xira do concerto didáctico protagonizado pola Escola Municipal de Música de Vilagarcía chegou ó seu fin🎼🎶
Primeiro foi o alumnado dos colexios Arealonga, A Lomba, Anexo-Lomba, Escardia, Piñeiriño, Vilaxoán, San Francisco e Sagrada Familia os que presenciaron no Auditorio Municipal o concerto “Un mundo marabilloso” presentado por un mago moi especial, o mago Roque 🧙‍♂️, que vive na escola de música. Co mago cantaron, construíron instrumentos con material reciclado, e fixeron unha gran orquestra. Tamén tiveron tempo para o xogo, no que se concienciaron do respecto polo medio ambiente 🌳🌞.
O último concerto desenvolveuse no Colexio de Educación Especial, onde a rapazada participou activamente, descubrindo as emocións que se esconden nas fermosas melodías da bandas sonoras do cine de animación infantil, como Frozen ou Brave. Ao remate do concerto, acabaron levando eles a batuta e conquistando o corazón de todos, músicos e profesores 👩‍❤️‍👨.
Graciñas a todos por facer “O mundo maravilloso» 🖐😉
 

Comments are closed.