12 junio 2022 ~ 0 Comments

Calendario fin de curso

A Escola de Música despide o ano lectivo coas audicións, o concerto fin de curso e o Clasclás
A Escola Municipal de Música Bernardo del Río inicia esta semana que entra unha intensa programación para celebrar o final da tempada lectiva 2021/22. As actividades comezarán cunha semana de audicións instrumentais no salón de actos o centro, á que lle seguirá o concerto fin de curso a celebrar no Auditorio. E como colofón, a participación do alumnado no Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o Clasclás, a través do programa «Clasclás a pé de rúa».
– Todas as tardes da semana comprendida entre o13 e o 17 de xuño o salón de actos do centro do Ramal acollerá as audicións instrumentais abertas ao público e nas que familias e amigos dos educandos poderán comprobar os avances dos alumnos.

O luns 20 de xuño terá lugar o Concerto de Fin de Curso protagonizado polos solistas e as agrupacións formadas no seo da Escola de Música. Será no Auditorio Municipal ás 19:30 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo. Ao remate do concerto farase entrega dos diplomas ao alumnado de 7 anos que rematan o ciclo de Música e Movemento.

E como fin de festa, a Escola de Música participará este ano por primeira vez no Clasclás a través da programación complementaria denominada “Clasclas a pé de rúa”, na que alumnos do centro Bernardo del Río, xunto cos do Conservatorio, sairán ás rúas para ofrecer unha selección do repertorio que están a traballar nas distintas agrupacións. Estes concertos levaranse a cabo en xornada de mañá.http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=12383

Comments are closed.