
Durante a celebración do festival disporemos de diferentes escenarios en zonas concorridas de Vilagarcía como a Praza de Galicia ou a Praza de Ravella e alumnado tanto do

Conservatorio de música de
#Vilagarcía como da

Escola Municipal de Música Bernardo Del Río ofrecerán cada mediodía de luns a venres [ás 12h.] un concerto para o goce de tod@s.
…e tamén este domingo, día 26, poderás asistir, de balde, aos concertos que se celebrarán na

Igrexa de Vista Alegre [ás 12h.] e na

Igrexa de San Martiño de Sobrán [ás 12.30h.].