#VGA_Educación ![🎼](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tcc/1/16/1f3bc.png)
A VI edición do
![✨](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tf4/1/16/2728.png)
Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa, clasclás
![✨](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tf4/1/16/2728.png)
foi presentada esta mañá polo alcalde, Alberto Varela, e a directora técnica do festival, Rosina Sobrido, acto ao que tamén asistiron o concelleiro de Educación, Miro Serén, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, o director da Escola Municipal de Música Bernardo del Río, Alberto Estévez, e José Luis Sanz, presidente da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía.
![🔸](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t72/1/16/1f538.png)
Este ano poderemos gozar cos concertos do
![✨](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tf4/1/16/2728.png)
Guarneri Trio Prague, o
![✨](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tf4/1/16/2728.png)
Cuarteto Quiroga,
![✨](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tf4/1/16/2728.png)
La Ritirata,
![✨](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tf4/1/16/2728.png)
Marek Kozák e
![✨](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tf4/1/16/2728.png)
Cello Republic, no Auditorio Municipal, de balde e co
![✨](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tf4/1/16/2728.png)
Azahar Ensemble, polo prezo de 23€, no Pazo da Golpelleira.
![🎼](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tcc/1/16/1f3bc.png)
Ademais o clasclás inclúe un programa de masterclasses dos artistas ao alumnado do Conservatorio de Vilagarcía e de outros centros galegos, e desfrutaremos un ano máis do «clasclás a pé de rúa», da man do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música da nosa cidade.
![🎼](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tcc/1/16/1f3bc.png)
O Programa Social e Comunitario, xa tradicional no festival, achegará a música clásica a 400 persoas con capacidades diferentes de asociacións procedentes da comarca a través dun concerto da Orquestra do Conservatorio de Vilagarcía.
![📌](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tac/1/16/1f4cc.png)
Do 26 de xuño ao 1 de xullo.