06 junio 2024 ~ 0 Comments

Actividades fin de curso 2024

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía continúa coa programación de actividades para este último trimestre do curso 2023/2024. Unha vez rematado o 1º período de matriculación cara o vindeiro curso académico, no que, preto de 400 alumnos cursarán estudios nas distintas especialidades que se imparten no centro.

A semana do 10 ao 14 de xuño, estará dedicada aos festivais do alumnado de Música e Movemento de 3 a 6 anos. Os festivais terán lugar na sala de concertos da escola de música coa entrada libre ata completar o aforo.

Luns 17 de xuño, “Concerto de Solistas” e o martes 18, está programado o “Concerto de agrupacións”, onde participa o alumnado do último curso de Música e Movemento que recibirá o diploma de fin ciclo.
Ámbolos concertos terán lugar na sala principal do Auditorio Municipal ás 19:30h. coa entrada libre ata completar capacidade.

Escola de Música participará na VII edición do Festival Internacional “Clasclás” , cunha nova  programación do “Clasclas a pé de rúa”. Os alumnos do centro, xunto co alumnado do conservatorio sairán á rúa para ofrecer unha selección do repertorio moi variada para o goce de veciños e visitantes. Estes concertos levaranse a cabo os días 21 e 22 de xuño en distintos emprazamentos do centro da cidade.

estades todos convidad

Comments are closed.