XXXI aniversario ESMU Vilagarcía
Cúmprense 31 anos da Escola Municipal de Música «Bernardo del Río», rexistrada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no 1993. Grazas a todos pola vosa confianza!!
Cúmprense 31 anos da Escola Municipal de Música «Bernardo del Río», rexistrada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no 1993. Grazas a todos pola vosa confianza!!
As clases das agrupacións instrumentais comezan no mes de outubro.
Moi boas vibracións se sentiron na benvida ao curso 2024-2025 no Salón García. Ao acto, onde se presentou o Programa de Estudos e o Proxecto Educativo do centro, asistíu a Concelleira de Educación Paola María. Grazas a familias por acompañarnos, pola vosa confianza durante máis de trinta anos e ao Concello de Vilagarcia de Arousa por … Leer más
A Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” de Vilagarcía abre o prazo para completar as prazas vacantes para o curso 2024/2025. Estas son as especialidades que aínda presentan prazas vacantes: –Música e Movemento 5 anos (3 prazas), Música e Movemento 6 anos (6 prazas). –Vento Madeira (4 prazas),Vento Metal (4 prazas) –Combo Moderno e … Leer más
Presentación no Salón García o mércores 18 e setembro ás 19:00h. comezo das clases o xoves 19. BENVIDOS AO NOVO CURSO!!!
Mañán sabado 22 de xuño, teremos o pracer de participar na VIIª edición do Festival Clasclás «A pé de rúa» xunto co alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía. Alumnado e profesorado ESMU Bernardo del Río Vilagarcía de Arousa Sábado 22 A partir das 11:30h Xardíns de Ravella Alumnado e profesorado … Leer más
Luns 17 de xuño, “Concerto de Solistas” e o martes 18, está programado o “Concerto de agrupacións”, onde participa o alumnado do último curso de Música e Movemento que recibirá o diploma de fin ciclo. Ámbolos concertos terán lugar na sala principal do Auditorio Municipal ás 19:30h. coa entrada libre ata completar capacidade.
A Escola Municipal de Música de Vilagarcía continúa coa programación de actividades para este último trimestre do curso 2023/2024. Unha vez rematado o 1º período de matriculación cara o vindeiro curso académico, no que, preto de 400 alumnos cursarán estudios nas distintas especialidades que se imparten no centro. A semana do 10 ao 14 de … Leer más
Audicións das especialidades intrumentais da escola de música, son abertas ó público, ESTADES TODOS CONVIDADOS!!
O prazo para a renovación da matrícula para o alumnado que cursa estudios na actualidade na escola de música será do 2 ao 10 de maio. O alumnado ten ao seu dispor o impreso de matrícula no taboleiro de descarga, e tamén na súa conta de correo.