Calendario de Matriculación 2026-2027

A Escola Municipal de Música «Bernardo del Río» abre o vindeiro luns, día 18, o prazo de solicitude de admisión para novos ingresos. Os interesados terán ata o xoves 21 para facelo. O 1 de xuño, tamén luns, publicaranse as prazas vacantes en cada especialidade, de xeito que do 2 ao 5 xa se poderá formalizar a matrícula definitiva. Os formularios poden descargarse tanto da web da propia Escola ( http://www.emmusicavilagarcia.com ) como da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal, modelo 13001).

No caso de rexistrarse máis solicitudes que vacantes, a prioridade será esta: primeiro, os peticionarios con familiares directos matriculados no centro; segundo, os empadroados en Vilagarcía de Arousa; e terceiro, segundo a letra de corte publicada pola Xunta de Galicia.

Ademais da quenda de novas incorporacións, na semana do 25 ao 29 de maio poderán facerse as renovacións de matrícula. Neste caso, os únicos requisitos son estar cursando estudos na Escola de Música e non ter recibos pendentes de pago. A non renovación considerarase como unha baixa voluntaria con perda de todos os dereitos.

Máis Info aquí